_
_
_
_
_
OPINIÓN | SUSO DE TORO

Literatura de aldea e ‘best sellers’?

A lectura histórica e sociolóxica xa non lles di nada aos adolescentes de hoxe, a aldea é outra e mesmo alí os máis deles teñen un pé no mundo Facebook/Twitter/Tuenti

Hai 40 anos que non leo Memorias dun neno labrego, así que toco de ouvido. Aínda non temos distancia para ver o libro que é esa noveliña que retrata a aldea na posguerra co que tantas persoas se sentiron identificadas. Unha novela que ten tanto unha lectura sociolóxica como un éxito de lectores sociolóxico: xeracións de persoas, principalmente varóns, que se viron reflectidos no protagonista. O éxito do libro é unha radiografía das transformacións da sociedade galega no tránsito entre a aldea que se baleiraba de xente nos anos cincuenta e a Galicia actual, xa completamente urbana. Aqueles seus lectores apaixonados viñan maiormente da aldea e tiñan soidades dela, malia que as súas vidas xa eran urbanas. Alén desa lectura histórica e sociolóxica, seguramente exista unha outra lectura, máis profunda: o relato das transformacións dun adolescente, unha novela de formación. Insisto en que estou a tocar de ouvido.

A lectura histórica e sociolóxica xa non lles di nada aos adolescentes de hoxe, a aldea é outra e mesmo alí os máis deles teñen un pé no mundo Facebook/Twitter/Tuenti. Este tempo é outro de cando lemos aquel libro procurando experiencias colectivas e identidade galega (Que o libro teña unha graza propia e que se segue a actualizar conforme pasan as décadas é o que explica que o Cándido Pazó ande aínda hoxe a pasear ao Balbino, transformado desta volta en personaxe teatral).

Mais eu quería falar doutro libro e doutro escritor. Manuel Iglesias Turnes, que sabe ben de vacas leiteiras, apareceu de súpeto armado cunha novela enteira sen avisar a ninguén de que tamén sabía escribir. Coñecino hai ben anos, do sindicalismo agrario, e como o Balbino e Neira Vilas é un rapaz de aldea. A súa novela As rapazas de Xan é exactamente unha novela de aldea, a protagonista é a aldea galega nos anos cincuenta retratada sen idealización ningunha, mais con todo o cariño e lealdade. Protagonistas as mulleres sobre todo (cousa tan rosaliana). Outra protagonista é a lingua falada, a graza da fala. Literatura popular en todos os sentidos da palabra. Historias, emocións e os praceres da narración. A curiosidade miña é se aínda existen aqueles lectores que se emocionaron e se recoñeceron na historia do Balbino ou se xa secou aquela fontela que levaban dentro. Non existen xa aqueles lectores? É distinta a nosa literatura?

E pregúntome tamén se a nosa literatura é tan outra que pode xurdir nela un best seller. Tense dito veces dalgún libro que era un best seller, máis con ánimo de denigrar o seu valor estético que por recoñecer verdadeiramente un fenómeno literario que si existe en literaturas normalizadas. Os fillos do mar de Pedro Feijóo Barreiro é un verdadeiro artefacto best seller, cos mesmos ingredientes que La sombra del viento, O código Da Vinci, La catedral del mar… Un libro escrito en lingua galega que conscientemente procura ese gran público que non sei se existe na nosa literatura. E logo existirá? A xente que leu esoutros libros achegarase a el?

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_