_
_
_
_
_

Que facer co rito

O festivo segue sen convencer a editores e libreiros. Agora mesmo é como un xantar entre presos e verdugos”, di Borrazás

En ringleira, de esquerda a dereita, Antonio Meijide Pardo, Joaquín Freire de Andrade, Enrique Chao Espina, Julio Rodríguez Yordi, Francisco Serrano Castilla, Juan Naya Pérez e Francisco Vales Villamarín. No primeiro plano Leandro Carré Alvarellos e Sebastián Martínez - Risco colocan unha coroa de flores sobre a tumba de Murguía
En ringleira, de esquerda a dereita, Antonio Meijide Pardo, Joaquín Freire de Andrade, Enrique Chao Espina, Julio Rodríguez Yordi, Francisco Serrano Castilla, Juan Naya Pérez e Francisco Vales Villamarín. No primeiro plano Leandro Carré Alvarellos e Sebastián Martínez - Risco colocan unha coroa de flores sobre a tumba de MurguíaRAG

O primeiro 17 de maio non laborábel adicóuselle, en 1991, a Álvaro Cunqueiro. Aquela decisión do Goberno Fraga non tivo resposta expresiva na Academia —presidía García-Sabell—, pero nin editores nin libreiros se contentaron. “É matar o Día das Letras”, falou daquela, como dono de libraría, Jesús Couceiro. A cantarela repítese cada ano desde entón, o mesmo —pero menos, quizais por ser idea antisepulcral— cá idoneidade de ter que consagralo a un autor que leve dez anos morto.

Sobre a operatividade das Letras como mecanismo de promoción cultural, fala o presidente dos editores galegos, Manuel Bragado. Non se estende moito sobre o tema, no mantra “da que está caendo”. “O máis importante agora é a visibilidade da produción editorial e a mobilización social que se poida conseguir en defensa da cultura e da lingua”. No concreto, os editores están cos libreiros: “O 17 de maio tiña que ser o Día do Libro Galego, cómpre un acordo nacional ao respecto”.

Dío tamén Bragado pola multiplicación das xornadas con asuntos culturais máis ou menos análogos. Desde o Día de Rosalía (24 de febreiro, proposto este ano pola Asociación de Escritores en Lingua Galega co gallo dos 175 anos do nacemento da matriarca) ao Día do Libro (23 de abril) ou o Día das Librarías, derradeiro venres de novembro. Un proscenio coma este 50º aniversario das Letras parécelle ben acaído para adoptar unha decisión ao respecto “de forma corresponsábel” e creando “os maiores espazos de acordo e de consenso”. No máis concreto deste 2012 de Paz Andrade, a unión dos gremios do libro outórgana, ademais da manifestación e dos actos institucionais, os cartaces. O obxectivo, unha tirada conmemorativa de 50 carteis que pendurar nos espazos da cultura, un por cada homenaxeado no Día das Letras. “É a primeira vez que nos chaman”, afirma o editor.

“Non desmerecería o respecto e a posta en valor do 17 de maio que volvese ser día lectivo”, insiste con máis decisión Cesáreo Sánchez Iglesias desde a AELG. Para o presidente dos escritores asociados, “o importante é que involucre ao máximo de cidadáns posíbel, e para iso é determinante a participación escolar”. Mirando dentro e fóra, sen fixar a vista no Sant Jordi —o 23 de abril é a festa do libro en Cataluña e trabállase igual—, lembra a corte cívica que organizaron as asociacións de veciños da Cidade Vella no ano de Manuel Lugrís Freire (2006). Na idea de non restrinxilo “á cerimonia institucional”.

Máis preciso na encomenda, Xurxo Patiño, da libraría viguesa Librouro, recunca no que considera “real”. De cando os libros inzaban as casetas da Praza da Princesa o 17 de maio. “Era un día con repercusión nas librarías e no ensino e todo iso desapareceu; agora conseguimos unha ponte”. Para o responsábel da Federación de Libreiros de Galicia, deste xeito ao final “estamos coa liturxia, cadaquén no acto que lle toque”. Librouro aínda abría as portas ata hai catro anos, mais non compensa. “É un día de compromiso intelectual e fracaso mercantil”. A nivel de vendas, a rebaixa do 10% que os libreiros aplican como poden —polo xeral ao día seguinte—non renda. En porcentaxes de venda, só o 20% é libro comercializado en galego.

As alternativas, para a RAG, serán “as que queira o pobo”, pero a festividade non está en xogo. Tampouco a norma capitular de levar morto unha década. “Non era sen tempo que houbese unha festa cívica da xente, do pobo e da nación galegas... Os que nacemos despois da guerra levamos toda a vida cos festivos relixiosos e os do franquismo”. Para o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, os negocios “fanse todos os días”. “Esta é unha festa de todo o ano cun acto central o 17, se a xente quere cambiala que expoña as súas propostas concretas. Eu non as coñezo”.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Entre a desmobilización do festivo e a reificación da lingua inducida polas últimas decisións políticas, fala o escritor carballés Xurxo Borrazás: “O que máis me fode é que poñan a un escritor que non pode replicar como escusa para se lexitimaren e para quitarlle ferro ao desastre dunha lingua, e unha literatura, que eles celebran morta porque xa non a conciben viva”.

Nun contexto presente “de ataque sistemático e rabioso á lingua na que escribiron todos os honrados nas Letras”, considera, “a participación das institucións culturais é coma un xantar de acción de grazas compartido entre os presos de Auschwitz e os seus verdugos nazis, salvando as distancias”. “Canto dano máis temos que ver antes de chamar o embaixador a consultas?

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_