LUCES

As novas vías da arquitectura

A mostra Metagénesix xunta proxectos realizados por profesionais mozos que propoñen camiños inéditos para mudar hábitos construtivos en Galicia

Imaxe da cantina da Cidade da Cultura, un proxecto realizado polo Estudio Nómada de Santiago.

Aínda que poida soar estraño, a idea de recompilar nunha exposición as obras dos novos arquitectos que traballan en Galicia saíu da galería lisboeta Novo, especializada en arquitectura e que pechou as súas portas hai xa algún tempo. A partir desa proposta comezou a andar o proxecto Metagénesix que dende onte se exhibe no Auditorio Municipal de Ourense e posteriormente viaxará a Santo Domingo. Os autores da iniciativa son os arquitectos Ana Amado, Felipe Trillo e os do estudio Trespes de A Coruña. Os traballos recollidos na exposición mostran a existencia de novos camiños para a arquitectura en Galicia nun tempo de crise que obriga a darlle unha volta ao xeito de traballar dos arquitectos.

A exposición recolle 20 traballos de 10 arquitectos ou equipos seleccionados a partir dunha convocatoria aberta. Metagénesix ten coma antecedente as Olladas de Perto, organizadas pola Escola Superior de Arquitectura de A Coruña durante os últimos cinco anos. As propostas que agora poden verse en Ourense demostran a posibilidade de levar adiante unha arquitectura de proximidade, que asume as limitacións propias do momento e as inquedanzas manifestadas polo promotor para convertelas en oportunidades.

Alberto Pérez, un dos impulsores de Metagénesix e membrodo estudio Trespes Arquitectos, explica que un dos obxectivos do proxecto era o de contar cun catálogo da nova arquitectura que se está a facer en Galicia xa que “non hai moita publicación e menos aínda de arquitectos mozos”. A resposta desbordou as súas previsión xa que recibiron máis de 200 proxectos construídos ao longo da xeografía galega, realizados por medio cento de estudios e por arquitectos individuais. "”topamos proxectos moi interesantes e sobre todo un novo xeito de facer arquitectura. Hai unha intención de recuperar o oficio e de estar ao pé das obras. É necesario dialogar co cliente e darlle opcións para satisfacer as súas necesidades”, sinala Pérez.

“Os mozos van dar moito que falar”

Ana Amado, outra das persoas que se atopan detrás de Metagénesix, traballa dende Madrid e combina os seus traballos no terreo da arquitectura coa fotografía. É unha das integrantes do colectivo Cadelasverdes que realizaron o proxecto Spanish Dreams, no que denuncian, con moito sentido do humor, as consecuencias da etapa do pelotazo urbanístico, ao que tamén contribuíron os arquitectos, adoito máis por omisión que por acción directa.

Amado salienta a calidade dos proxectos presentados para participar en Metagénesix. “Foi realmente difícil facer a selección dos proxectos para incluír tanto na exposición coma no catálogo, porque a calidade das 200 obras presentadas é moi grande. Todos eles son arquitectos de menos de 40 anos que van dar moito que falar no futuro”, indica Amado.

“Todas as propostas que forman parte de Metagénesix son excelentes e realmente non se pode destacar a unha por encima doutra. Ademais hai moita variedade porque se trata de obras moi diferentes entre si, aínda que predominan os traballos de rehabilitación”, indica a arquitecta. Ao seu xuízo, unha das características comúns dos traballos presentados é o seu interese pola sostenibilidade. “Tamén hai unha aposta polo sensible que é algo que non acontece só en Galicia, senón que é unha tendenza xeral na arquitectura actual”, engade Amado.

Entre os traballos que foron incluidos na exposición poden atoparse obras que demostran unha interpretación paisaxística orixinal, coma a feita polo estudio Ansede-Quintáns no parque de San Frutuoso de Santiago, outras que conseguen transformar visualmente un espazo coma a cantina da Cidade da Cultura (Estudio Nómada) e algunhas que apostan polo expresionismo moderno, coma fai o arquitecto Oscar Pedrós en dous edificios públicos de A Coruña.

Nestas propostas e nas presentadas polos outro sete estudios que participan na exposición (Arrokabe Arquitectos, Alfredo Sirvent, Castroferro Arquitectos, Estudio ERBA, Marta Somoza ATM Allariz, Oxíxeno Arquitectura e UMU Arquitectos) o público poderá ver solucións imaxinativas para os edificios de hoxe.

Outro dos obxectivos do proxecto é o de poñer en contacto á nova xeración de arquitectos galegos cos que traballan noutras partes do mundo, coma Portugal, Eslovenia ou Cataluña, que desenvolven iniciativas semellantes para dar visibilidade aos traballos dos seus novos arquitectos. De aí que a mostra que reúne os traballos dos profesionais galegos viaxe o mes que vén a Santo Domingo e seguramente tamén se vexa máis adiante noutros puntos da xeografía galega, española e europea.

A maioría das obras que aparecen no proxecto son rehabilitacións de inmobles. “Fálase moito dos grandes proxectos, pero no que máis se está a traballar nestes momentos é en cousas pequenas. Un das cousas máis interesantes que se poden ver en Metagenesix é coma se está a coidar o patrimonio. Neste sentido hai que resaltar o traballo feito polas oficinas de rehabilitación dos cascos históricos, que fixeron moita pedagoxía para axudar a mellorar o que se facía nos edificios destas zonas”, indica Pérez, quen destaca tamén o feito de que os propios clientes se mostren sorprendidos polo nivel de seguimento que teñen os arquitectos xoves sobre os proxectos. “A moita xente chámalle a atención que esteamos tan encima das obras. Quizais falte un pouco de comunicación sobre cal debe ser a labor real do arquitecto. Temos que resolver as necesidades do cliente e non as nosas”, engade.

A rehabilitación semella ser o camiño que debe seguir a arquitectura para sobrevivir a uns tempos de crise onde a construción de novos edificios está paralizada. Pérez apunta que esta tarefa e especialmente recomendable nun lugar coma Galicia que conta con moito patrimonio con necesidade de rehabilitación, nas zonas urbanas ou no rural. “Tamén é necesario meterlle man a barrios enteiros feitos nos anos sesenta e que teñen moita necesidade de rehabilitarse”, sinala o arquitecto do estudio Trespes, quen tamén considera que pode ser unha alternativa de traballo para moitos profesionais que se están vendo obrigados a emigrar nos últimos tempos pola falta de oportunidades. “Galicia perde moitos cartos que se invertiron en formar aos arquitectos que marchan”, engade.

A calidade e as novas prácticas que amosan os arquitectos das novas xeracións tamén fan concebir esperanzas no que se refire as posibilidades de que cos seus proxectos poidan contribuir a loitar contra o fenómeno do feísmo que afecta a moitas zonas da paisaxe galega. “O mellor antídoto contra o feísmo é a profesionalidade dos arquitectos, tanto das novas xeracións coma das anteriores”, explica Pérez, “pero hai que ter en conta que a Escola de Arquitectura de A Coruña vai polos 30 anos de existencia e isto fai que os profesionais que saen dela teñan cada vez mellor formación”.

Pérez lembra as palabras do falecido arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota para resumir cal debe ser a función a principal do profesional da arquitectura: “O arquitecto resolve problemas”. Polo que pode verse nas obras que realizan nos últimos anos os arquitectos galegos, eles xa interiorizaron que o tempo das obras espectaculares nas que o arquitecto deixaba a súa pegada, para ben ou para mal, xa pasou.

Os profesionais que comezaron a traballar na última decada asumiron aquel vello axioma de que o cliente sempre ten a razón, o que non lles debe impedir o permanente diálogo con eles para facerlles ver cales son as mellores alternativas para que os edificios que se constrúen ou rehabilitan conten co mellor encaixe posible na paisaxe, ao mesmo tempo que satisfacen as necesidades cotiás dos usuarios dos mesmos. Un novo xeito de facer arquitectura vaise espallando polo país e os resultados xa comezan a albiscarse.

Para poder comentar debes estar registrado en Eskup y haber iniciado sesión

Darse de alta ¿Por qué darse de alta?

Otras noticias

Últimas noticias

Ver todo el día

México choca con el presidente de Uruguay por el caso Iguala

La cancillería "rechaza categóricamente" las críticas de Mújica y decide convocar al embajador uruguayo

La sociedad postnacional

Hemos de recuperar el legado de afecto y civilidad que permita la convivencia y superar la epidemia identitaria que nos aturde

Despedida barroca

Natalie Dessay demuestra en el Liceu que la expresividad y la emoción de su canto siguen intactas a pesar de los problemas de salud que la llevan a dejar los escenarios

‘Si és que hi ha cases d’algú…’

Mientras los promotores de Caufec volvían a mirar sus planos, en Barcelona se producía la semana negra de los deshaucios

Lo más visto en...

» Top 50

Webs de PRISA

cerrar ventana