_
_
_
_
_
LUCES

Palabras para a guerra en curso

David Rodríguez, poeta e blogueiro, recolle en libro as súas reflexións sobre a crise e o papel das esquerdas

O ensaísta e poeta David Rodríguez, en Vigo.
O ensaísta e poeta David Rodríguez, en Vigo. LALO R. VILLAR

De todas as tarefas que impón o neoliberalismo rampante, David Rodríguez (Vigo, 1975) escolleu a das palabras. O primeiro e decisivo campo de batalla. A linguaxe política, mais non a que enmascara o secuestro da democracia, senón aquela á que se refería Jacques Rancière en El tiempo de la igualdad. A dos guerreiros e os artesáns que, ao se apoderaren das palabras que non estaban destinadas a eles, crean un suxeito novo, o suxeito “pobo”. Por aí quere ir Retomando a palabra (Estaleiro, 2012), unha escolma do blog que mantén na rede dende 2005 como O Funambulista Coxo. Oitenta artigos nunha caixa de ferramentas sen tornos nas portas nin grillóns na lingua.

O subtítulo evidencia as costuras do exercicio. Das guerras culturais ao crac financeiro equivale, no tempo do funambulista, aos procesos que median entre o contexto do primeiro artigo, escrito en xuño de 2007, e o que pecha a antoloxía, redactado e publicado en Internet no outono de 2009. “Non hai aí unha relación causa-efecto”, explica o autor, “pero si un síntoma do estado da esquerda tras a caída do muro de Berlín, que afectou á tradición comunista, e este segundo golpe á socialdemocracia. A esquerda foi incapaz de articular un discurso económico. O capitalismo financeiro vai frear porque chegou ao seu límite, non porque batese coa resistencia social organizada. A esquerda non existe”.

O Funambulista Coxo é un blog sen blogmillo. Apenas contén ligazóns. Non hai alianzas con outras bitácoras, agás contadísimas excepcións. Era un libro antes de selo, e quen o escribe insiste unha e outra vez en presentarse como un individuo non organizado. É parte do síntoma. “Son fillo da circunstancia”, confesa Rodríguez, autor tamén de varios textos teatrais e o poemario Lapidarias. Os versos escuros. “O 15-M confirmou que esa emerxencia de individualidades era moito máis ca unha anécdota; forma parte da desafección, da incapacidade da esquerda para organizar colectivos”.

“O 15-M confirmou a incapacidade da esquerda para organizar colectivos”

Punk é a anotación que abre o volume e contén unha pregunta: que aspecto terá hoxe o inimigo do capitalismo? “Neste intre, o revolucionario é o sistema, e nós, que nos criamos rebeldes, vémonos convertidos en conservadores”, argumenta. “O punk resultou ser a mellor definición do sistémico. O antagonismo na política está moi polarizado en cuestións culturais, e a dereita foi capaz de crear toda unha cultura da transgresión. Fanse pasar por inconformistas incomprendidos. Apropiáronse do discurso que reivindicaba o maio do 68, o hedonismo e a rebelión sen fin”.

O problema de rearmar a esquerda non é xa que a esquerda non exista, senón que nin sequera exista interlocutor para a esquerda. Coido que a hexemonía neoliberal penetrou até tal punto todos os ámbitos sociais que xa non hai culturas autónomas. Xa non se trata de crear organizacións de esquerda, senón de crear o pobo que despois se organice como contrapoder”, arrisca o funambulista invocando o traballo do filósofo catalán Joaquín Miras “Hai que ir á base e recomezar, e recomezar significa construír rede e asociacionismo dende abaixo. Non estamos aínda no tempo de buscar ferramentas organizativas. Primeiro, temos que contar cantos somos fóra do centro comercial”.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete
“O altermundismo concluíu que a política é a loita polo poder”

Retomando a palabra ten algo de software libre. É un arsenal de ideas e marcos con licenza para compartir e reciclar. O autor arma a súa lectura da realidade entre paredes de cristal. Talvez a perífrase máis repetida sexa “veño de ler”, aínda que ao funambulista non lle interese a mística ilustrada da lectura. Pódense cartografar as voces —Zizek, Bourdieu, Agamben, Foucault, Lakoff, Badiou e así—, pero importan máis os para que: Europa, a democracia, os fascismos, o consenso de Washington, o espolio, Galicia Bilingüe, o nacionalismo, a ecoloxía, os movementos sociais, eu, nós, o socialiberalismo, a lingua, o común, a multitude, o traballo, que facer, como, con quen.

Entre o último artigo e a guerra en curso —Grecia, Irán, Teis— transcorreron máis de dous anos. No epílogo, o autor actualiza o discurso para non ser devorado pola urxencia do presente. “O máis relevante dende o crac é o 15-M, a grande esperanza. Foi un sinal de que esta sociedade estaba un pouco menos colonizada do que parecía. Agora ten que dar o seguinte paso. Aquilo foi unha perrencha espontánea, cómpre organizala. A política, ao final, é unha cuestión moito máis crúa, está alén das actividades performativas nas prazas. As cousas, en certo modo, están inventadas. Hai tempo que o movemento altermundista chegou á mesma conclusión: a política é a loita polo poder”.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_