_
_
_
_
_
LUCES

Censuras en vida, censuras póstumas

Á altura de 1986, Carvalho Calero non tivo que lle publique ‘Scórpio’

Imaxe da exposición sobre Carvalho Calero en Ferrol, en xaneiro de 2011.
Imaxe da exposición sobre Carvalho Calero en Ferrol, en xaneiro de 2011.GABRIEL TIZÓN

Cadroume ler no día 2 deste mes o artigo de Suso de Toro Aquilinaria carballesa, en que se facía eco da censura que se cerneu no seu día sobre a persoa e obra de Ricardo Carvalho Calero, no comezo da cativa institucionalización autonómica. Agradoume moito o seu contido, pois o escritor evocaba os termos principais dun conflito onde o profesor mantivo a súa independencia de criterio e a súa defensa da lingua de xeito tal que non cabía no marco de control e distribución regulada da mesma e da súa literatura.

Dúas semanas despois, lin tamén con atención o artigo da profesora Helena Miguélez Carballeira, O outro tabú sobre Carvalho Calero, indubitabelmente provocado polo que citei de Suso de Toro, mais que non aparece nomeado por nengures. Nen este artigo nen nengún outro, ou estudo ou análise onde se examine a obra do profesor e se reivindique o seu legado. Bon comezo, abofé: denunciar pretensamente un silencio, aplicalo estritamente a quen se critica! Mais vaiamos aos termos principais do que á autora lle produce, seica, grande irritación.

A profesora da Universidade de Bangor, pola súa idade, nen foi alumna de Carvalho nen o pode recordar na súa derradeira década de vida (1980-1990), en que, xubilado como catedrático da Univdersidade de Santiago de Compostela (USC), exerceu por todo o país un eficaz labor de maxisterio e divulgación, para alén de seguir escrebendo sobre lingua e literatura galegas até a fin dos seus días. Estou convencida (e algún testemuño del proprio podería citar neste sentido) de cómo esta derradeira etapa vital significou para el un reencontro, un retorno aos seus tempos xuvenís, antes do trebón do 36, cando xa publicara tanto libros de creación literaria como agudas críticas e artigos nas principais revistas nacionalistas da época. Fala a autora do artigo cunha frivolidade ou malevolencia asombrosas do que nen coñeceu nen puido xulgar directamente; fala de ouvidas, sen o menor contraste valorativo e, na escalada de falsías, chega a converter a Carvalho na antítese do que foi: “Axente regulador”, nada menos!, da cultura galega do momento.

A profesora Miguélez denuncia o silencio que ela aplica a quen critica

Permítome facilitarlle á autora algunhas informacións totalmente gratis. Foi Carvalho protector directo de Xohana Torres; crítico atento de Amantia, de María Xosé Queizán. Unha vez estabelecido o marco autonómico e as súas axencias, a editora que acollera a súa obra (Galaxia) e que el proprio contribuíra a prestixiar paralisan a reedición e non volve publicar nada do noso autor. Á altura de 1986, literalmente, non ten quen lle publique a novela Scórpio, que sairá en Sotelo Blanco, grazas aos bons oficios de Francisco Pillado e á boa vontade de Olegario Sotelo, o seu promotor. Constantino García e afíns intentan a pé feito impedir a publicación desta novela, que acada suceso inusitado: os citados poden corroborar o que afirmo. Preside, en 1985, o Congreso Internacional sobre Rosalía de Castro e o seu mundo, grazas á ponderación e recoñecemento obxectivo de méritos do daquela reitor da USC, Darío Villanueva, como presidiu o tribunal que xulgou a primeira, e única en moitos anos na USC, tese de doutoramento sobre aquela escritora, da autoría de Francisco Rodríguez.

“Licenzas sexistas dos seus textos”: Laus Deo! Acaso descoñece a autora que, en falando de escritores e de homes en xeral, o sexismo (ou a súa excrecencia, o machismo) é un pleonasmo? Ignora o que, xa en 1726, en aserto autocrítico, afirmaba o benemérito Padre Feixoo: defender as mulleres significa ofender case todos os homes? É Carvalho o único en reproducir clisés e estereotipos provenientes dunha cultura e dunha educación secularmente discriminatorias, xerarquicamente binarias e dualistas? Máis ben, a teor dos feitos, caracterizouse polo contrario. Dedicarlle 90 páxinas da súa monumental Historia da Literatura Galega Contemporánea a Rosalía de Castro e proceder a analisar a súa obra cun rigor non exento de paixón e de admiración constante, elevándoa non só ao que hoxe recoñece todo o mundo (escritora fundacional) senón á primeira escritora universal galega, non significa nada? Dígame a autora do artigo que profesor-escritor non era machista rotineiro ou renovado na época: Constantino García, Moralejo Laso, Moreno Báez, Ramón Lorenzo…? Só por citar colegas epocais.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete
Elevar a Rosalía a primeira escritora universal galega non significa nada?

Se a profesora Miguélez se molestase en ler as miñas páxinas de apresentación do volume Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación inteiraríase de quen negou e de quen recoñeceu o polígrafo galego e podería comprobar como non houbo unha só institución oficial que se dignase lembrar o centenario do seu nacemento, como a súa obra leva sen se reeditar anos e anos ou como todos os actuais mandaríns da literatura galega beberon aplicadamente na súa historia da literatura e noutros mil traballos e estudos, para, co silenciamento debido, of course, non recoñecer a fonte de que se partiu. Se o fixo e omite a cita, incorre no mesmo vicio que quer denunciar. Recoméndolle, así e todo, que se ilustre coa bibliografía ad hoc de Aurora Marco, Martinho M. Santalha, Francisco Pillado, Miguel Annxo Fernán Vello, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Francisco Salinas… e algúns máis, desde logo todos eles fóra do holding reinante.

Neste 25 de Marzo cúmprense 22 anos da morte de Carvalho: aínda hai que render culto á oficialidade triunfante queimando a súa figura no altar da ortodoxia imposta?

María Pilar García Negro é profesora na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e ensaísta

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_