_
_
_
_
_

‘Aquilinaria carballesa’

Carballo interiorizou na súa propia vida o dilema dramático entre dúas posturas enfrontadas, o isolacionismo e o reintegracionismo

Constataba (Aquilino non era guai) o equivocado trato á obra de Aquilino Iglesia Alvariño nos libros de texto, a reproducir a idea dominante do que é e mais do que non é a Literatura Galega. Atribuíao á doenza sectaria da nosa literatura, máis acusada desde os anos setenta, e como un xa leva décadas a predicar a autonomía da literatura das ideoloxías e causas políticas non insisto.

Mais, e que ocorre coa outra figura citada, Carvalho Calero? En palabras súas, foi excomungado en vida e así permanece. O respectábel Dr. Carballo pasou a ser visto como un temíbel Mr. Carvalho cando encarnou en si propio un debate histórico da nosa lingua. Carballo interiorizou na súa propia vida o dilema dramático entre dúas posturas enfrontadas, o isolacionismo e o reintegracionismo. As dúas teñen base filolóxica e argumentos, as dúas pretenden a supervivencia da lingua galega nun contexto desesperanzador.

A España plural de Zapatero foi un último intento de correxir á deriva integrista da democracia española, identificada xa dun modo exclusivo co castelán. Reafirmado o españolismo nos dous grandes partidos e coa crónica debilidade do nacionalismo galego, o futuro desta lingua é de preocupar.

Toda lingua precisa para existir a garantía dun Estado, máxime cando fica dentro dun Estado cunha ideoloxía contraria a esa lingua. En lóxica, procurar a supervivencia do galego desde o isolacionismo conduce necesariamente á procura dun Estado galego independente separado da España . E desde o reintegracionismo conduce a procurar o abeiro e as garantías de diverso tipo que lle ofrecerían no mundo Portugal, Brasil e demais Estados de fala portuguesa. Deixo a consideración se ese é un horizonte realizábel e desexábel.

Nos comezos da autonomía e da institucionalización do galego abriuse ese dilema cunha urxencia que precipitou o enfrontamento, impediu debate de vagar para chegar a un consenso. Houbo vencedores e vencidos, como en toda guerra civil. Carvalho foi un deles e citar o seu nome é tabú, mais as condicións de rendición ou o parte final de guerra non reflicte a verdade das cousas, só indica quen gañou a contenda. Ricardo Carvalho Calero, deixando de man mais sen esquecer o seu compromiso militante co país e coa lingua, ofreceu razóns sobre o porvir da lingua e unha obra científica de grande valor: a súa historia da literatura contemporánea é un exemplo de rigor sen comparanza na nosa lingua. Canto á súa obra literaria, ten valor histórico e é literariamente valiosa. Se o mandamos ao inferno ou se o esquecemos, perdemos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_