_
_
_
_
_
HENRIQUE MONTEAGUDO | FILÓLOGO E NOVO ACADÉMICO

“O nacionalismo quixo apropiarse da normalización, foi un erro desastroso”

O lingüista le mañá o seu discurso de ingreso na Academia

O profesor e académico electo Henrique Monteagudo, esta semana na biblioteca da Facultade de Filoloxía de Santiago.
O profesor e académico electo Henrique Monteagudo, esta semana na biblioteca da Facultade de Filoloxía de Santiago.ANXO IGLESIAS

O profesor Henrique Monteagudo (Muros, 1959) entra na Real Academia Galega case dous anos despois de ser elixido para ocupar a vacante de Antonio Gil Merino, falecido en 2009. Mañá ás 12 do mediodía lerá o seu discurso de ingreso no paraninfo da Universidade de Santiago. Titúlase Facer país co idioma e non pretende resolver enigma ningún, senón ser “útil”, insiste, para o debate en curso. Impugna a “falsificación” da liberdade lingüística e coloca a normalización á beira do seu propio cantil: ou responde a un proxecto de autogoberno ou carece de sentido.

Pregunta. Se aceptamos que a normalización lingüística e o autogoberno son inseparábeis, parece improbábel que este PP se implique na construción dun consenso similar ao dos oitenta.

Resposta. Falta por ver como afecta o novo escenario, con Mariano Rajoy no Goberno: como responde o sector máis sensible do partido e como evoluciona Feijóo agora que se esvaeceron as súas opcións de facer carreira en Madrid. O PP gañou as eleccións, así que o problema é o país, non o PP. Somos conscientes de que este é un proceso de reversión do autogoberno, devolución de competencias e disolución de identidade? A normalización lingüística non é a recuperación de nada, é un proceso de innovación dunha sociedade que reclama para si instrumentos para decidir o seu destino.

P. Cómpre recuperar ese discurso forte fronte aos sucedáneos conxunturais?

“Feijóo premia a Lorenzo porque cre que resolveu ben a papeleta do decreto”

R. Unha parte importante do nacionalismo enganouse. Quixo apropiarse da normalización, foi un erro desastroso mesmo para o propio nacionalismo. Debía ter separado os intereses partidarios, absolutamente lexítimos, dunha visión estratéxica a longo prazo, como se fixo no País Vasco e en Cataluña. Hai sectores que esixen agora o cumprimento dunha lei que combateron, e estes xogos contraditorios desconcertan a xente. A autonomía foi unha oportunidade histórica para Galicia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

P. Boa parte das enerxías no combate contra o decreto destináronse a crebar ese monopolio do nacionalismo, tanto a nivel discursivo como a nivel organizativo. Deron resultado?

R. As estratexias contra o decreto foron derrotadas. Cando defendín publicamente o informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego, do Instituto Galego de Estudos Autonómicos (IGEA), estaba a ver unha contradición notable no nacionalismo. Como se podía defender a convivencia sen recoñecer a realidade lingüística de Galicia? Eu puxera esa condición: asumir o bilingüismo como realidade e como estratexia. A reacción do nacionalismo ortodoxo ao informe pareceume irracional e excesiva. Demostroume que os que se opuñan a unha renovación do discurso estaban á defensiva. Decatábanse de que o barco facía auga e disparaban contra todo o que se movía. A Mesa fixo unha tentativa de remudar, pero deu marcha atrás. Quen se acorda agora de Queremos galego?

“A sociedade pide que as mulleres teñan a súa voz equitativa na RAG”

P. Que lectura fai do relevo de Anxo Lorenzo por Valentín García en Política Lingüística?

R. É unha forma de premiar a Lorenzo, porque a ollos de Feijóo resolveu ben a papeleta do decreto. Creo que a Xunta e a dirección do PP están a explorar unha vía menos belixerante. Talvez teña que ver co cambio do escenario político. O que é moi triste é que as persoas que están á fronte agora sexan as que estaban chamadas a xogar estes papeis antes, no bipartito.

P. É unha ironía ou é algo máis doloroso aínda?

R. É unha ironía dolorosa que nos debería axudar a entender por que o PP ten a hexemonía social en Galicia. Por que o bipartito perdeu esta batalla. Por que non foi quen de contar coa xente máis competente e tecer complicidades. É mellor non remexer, pero non soubo ver a relevancia que ía ter a cuestión da lingua e o PP atopou un furado monstruoso polo que meteu auga até afundir o barco.

P. Para que serve a Real Academia Galega (RAG)?

R. Ten dúas caras. Unha é simbólica, que é moi importante nun país con poucas institucións que o articulen, o que non quere dicir que sempre estivese á altura, e a outra é máis operativa, que foi xogando mal que ben e que debería xogar máis: a toponimia, o dicionario, os servizos lingüísticos...

“A Academia precisa reforzar a súa parte literaria, que está frouxa”

P. Para este segundo traballo precísanse cartos. Para o primero, un certo diálogo coa sociedade. Tomando como indicador o seu web, que apenas se actualiza, parece que a RAG segue a ser opaca.

R. É unha institución doutro tempo. Non debemos pensar nela como unha instancia democrática senón carismática, e para manter ese carisma hoxe hai que incorporar as novidades sociais. A sociedade está a pedir que as mulleres, que tanto achegan á cultura galega, teñan a súa voz representada de forma equitativa. Esa é unha das grandes carencias, xunto coa presenza social e a transparencia. As persoas que traballan na cultura galega teñen que sentir a RAG como unha institución próxima coa que se pode colaborar e que presta servizo no tema da lingua.

P. A RAG ten un dobre discurso. Fai causa colectiva do seu financiamento, buscando a complicidade dos medios, pero non rende contas publicamente. No caso das mulleres demostrou ser pouco permeable ao que lle pedían as impulsoras do manifesto O xogo das cadeiras, que vostede asinou, pero dentro tampouco se revolveu nada. É iso un reflexo da cultura galega?

R. A RAG é unha destas institucións encargadas de gardar esencias, e as esencias poden ser un lastre. A mellor xustificación para reclamar financiamento é ofrecer un servizo e ser eficaz, e aí temos o caso clamoroso do dicionario [sen actualizar dende 1997]. Iso implica pasar dunha corporación de notables con funcións case rituais a unha institución operativa. En que medida reflicte o que hai fóra? A RAG necesita incorporar as distintas correntes da cultura galega na súa viveza, moitas veces contraditoria, e esforzarse en ser equilibrada. Cómpre evitar as tentacións de enclaustrarse e privilexiar certos sectores. Hai que saber xestionar as contradicións.

“Deixo o BNG porque me decatei de que non era un foro aberto”

P. Dá a sensación de que a asignación de cadeiras responde máis á reprodución dos grupos de poder realmente existentes no seu plenario que ao que acontece fóra. Por que ingresan xeógrafos e non os escritores e as escritoras máis vendidos ou máis gabados pola crítica?

R. A RAG necesita reforzar a súa parte literaria, que está un pouco frouxa. Hai unha serie de voces da miña xeración e dos maiores e as maiores da miña xeración que deberían estar aí.

P. Abandonou o BNG?

R. Mentalmente, si, pero aínda non entreguei o carnet. É só unha cuestión de tempo.

P. Por que?

R. Sendo sincero, entrei no BNG como un mal menor. Sempre lamentei que Esquerda Galega non fose adiante. Foi decisiva a reacción ante o informe do IGEA, non só porque me afectase directamente. Decateime de que non era un foro aberto, senón un colectivo cunha serie de dogmas e clixés que o inhabilitaban para ser unha opción de futuro para este país. Había disposición a cambiar as tácticas pero non unha intelixencia estratéxica. Unha cousa é ir pola autoestrada e recoller un autoestopista e outra moi distinta é deixarlle conducir. Vinme de acompañante nun coche conducido por un imprudente e preferín baixar. Non me preocupa o BNG, preocúpame o país.

P. Non supón a enésima impostura proxectar o que está a acontecer como un conflito ideolóxico?

R. Non hai grandes diferenzas na oferta política, en boa parte porque o BNG fagocitou o discurso de Esquerda Galega. O que pasa é que o sector maioritario só asumiu ese discurso a nivel táctico, e o desaxuste vén de aí. As dinámicas agora márcanas as bases. Beiras sae porque os irmandiños din que hai que saír, e Aymerich sabe que sete de cada dez militantes de Máis Galiza ou marcharon ou van marchar. Hai unha especie de 15-M dentro do BNG. A crise de liderado é tremenda.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_