_
_
_
_
_
LUCES
Opinión
Texto en el que el autor aboga por ideas y saca conclusiones basadas en su interpretación de hechos y datos

O galeguismo vigués

Vistos con perspectiva, os anos cincuenta e Vigo foron decisivos para a nosa literatura

No 1972 comprei un exemplar de Galicia como tarea, do Valentín Paz Andrade. Era un libro marabilloso pois aquel galeguismo trataba de números, de economía. Polo mesmo ano souben do Camilo Nogueira, que seica era un enxeñeiro galeguista que estaba cos traballadores. De Vigo chegaban os aires máis novos e enérxicos da esquerda e do galeguismo, viña un galeguismo de iniciativa e non de resistencia. Distinto. Sempre foi así. Á forza nunha cidade onde os obreiros no 36 resistiron armados días na Rusia pequena aos fascistas. Vigo sempre foi moito Vigo.

En Vigo é onde se dan os primeiros movementos tras a guerra para reconstruir o galeguismo político e, finalmente, o galeguismo cultural. Alí van parar as poucas enerxías dispersas por aquel país aterrorizado que se chamou posguerra. Alí se refunda a literatura en lingua galega despois da guerra e alí nace tamén unha nova xeración que anova a nosa literatura. Un grupo de escritores que nega o sometemento e o franquismo cultural, unha xeración de escritores e escritoras tremendamente moderna. Vistos con perspectiva, os anos cincuenta do pasado século foron unha década decisiva para a nosa literatura. Os anos cincuenta e Vigo.

Un Vigo dinámico que daba intelectuais comprometidos que sabían de letras e mais tamén de números e de economía, intelectuais empresarios. Nun país que quixese ter presente e futuro a memoria de Xaime Illa Couto había ser máis escoitada e atendida. Aquel espertar da nosa cultura xuntou a dúas xeracións, unha que nacía e outra que viña do tempo da II República e tiña unha forte cultura cívica. O galeguismo republicano foi unha feliz unión do idealismo galeguista, que se fixo máis cívico, co optimismo esperanzado daquel tempo e deu froito a algo tan valioso como empresarios galeguistas. Idealistas.

Custa hoxe ver algo diso entre nós; cústanos imaxinalo, mesmo. Hai excepcións contadas, mais o conxunto do noso empresariado actual non sinte resposabilidade ningunha con Galicia. Completamente irresponsabeis respecto do país. Nesa desgraza as culpas están repartidas e empezan polos propios empresarios. Porén moita responsabilidade tena o nacionalismo galego.

O galeguismo político renacido no curso dos anos sesenta e primeiros setenta non puido ser a continuidade do galeguismo republicano. Naceu marcado polos límites do franquismo que encerraban mentalmente a todos, tamén aos antifranquistas. O triste é que desde aquela non foi quen a saír deses límites. É unha ideoloxía e unha cultura política que arrastra aínda a rémora daquel pasado fundacional nun tempo triste, ignorante e provinciano que xa desapareceu hai tempo. O galeguismo como corrente política segue á espera de transformarse nunha fonte de esperanza que crea novamente intelectuais de letras e de números. Como Valentín Paz Andrade, poño por caso.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_