_
_
_
_
_

A idade adulta da fantasía

Proxectos como Urco ou Contos Estraños, que recupera o formato ‘pulp’ para a publicación de relatos, atenden un xénero falto de propostas editoriais propias

Ilustración de Iván Valladares para o libro O mundo secreto de Basilius Hoffman.
Ilustración de Iván Valladares para o libro O mundo secreto de Basilius Hoffman.

Os misterios xacemento de Ek'Balam, a cidade maia que hoxe é un dos sitios arqueolóxicos máis importantes do Yucatán, non se explican completamente n'O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños (Urco, 2010), en parte porque ao seu autor, Fernando M. Cimadevila (Compostela, 1977), non lle interesan a referencias xeográficas reais da viaxe de Peter, un adolescente abandonado por seus pais nun internado de luxo, á Cidade dos Tellados, un universo autónomo, gardián dunha sabiduría perdida polo home moderno, sen edificios aínda que ateigado de azoteas, bufardas, chemineas e gatos que as percorren. Fóra da novela, na páxina web deste libro que será o primeiro dunha saga de cinco (www.basiliushoffman.com), é onde o autor dá algunha pista máis da antiga cidade maia, que dá nome a un xaguar, personaxe vital na trama, e funciona como reclamo para a manter o interese mentres no chega ás librarías o próximo tomo d'O mundo secreto de Basilius Hoffman.

“En Galicia, dás unha patada e sae un autor de literatura fantástica”

Dende o pasado novembro, Fernando M. Cimadevila, tamén é músico e empresario, conduce xunto a Tomás González, responsable ademais da editorial Urco, os primeiros pasos de Contos Estraños Editora, unha aposta polos contidos fantásticos e o pulp como formato, a xeito deses revistas populares nacidas nos anos 20 nos EEUU, contedores de novelas por entregas, de distintos autores, onde reinaba a aventura e o terror (tamén a pornografía, o que lles acabou creando certo lastre). Tal é o afán de inspiración no vello modelo, que a editora colle prestado o nome de Weird Tales, a publicación que consagrou a Lovecraft e Robert E.Howard, o pai de Conan O Bárbaro. Nestes tres meses, saíu do prelo Amanceres estraños, o número cero da colección pulp. Fórmano os relatos curtos de Xosé Duncan, Manuel Ángel Gayoso, David Botana, Santiago Bergantinhos, Manuel González Fernández de Tejada, Fernando Pérez, Roberto A. Rodríguez e Manuel Castiñeiras, así como o que serán os primeiros capítulos de futuras novelas, como Primeiros, de Fabián Plaza, e Dark, de Ernesto Diéguez. Fiel á mestura que define o pulp, a colección reserva un espazo á traducción de Deuses do norte, un relato de R.E. Howard. A liña infantil, Contos Estraños para nenos friquis, inaugurouna O Apalpador vs Papá Noel, un relato do propio Cimadevila, ilustrado por José Ángel Ares, que enfronta o renacente mito das montañas de Lugo co personaxe preferido polos cativos do mundo capitalista, convertido nunha figura perversa.

“É un xénero no que poden introducirse cargas ideolóxicas importantes”

Para chegar ao lector, a literatura do fantástico prefire canles que non explotan outros xéneros ou, polo menos, é máis descarada á hora de experimentar con eles. Os novos autores teñen unha presenza constante nas redes sociais e as editoras mesmo se valen destes lugares virtuais de encontro para dar con ilustradores ou contistas. “O que pretende Contos Estraños é crear unha comunidade de lectores. É importante que os autores se impliquen, que falen entre eles”, defende Tomás González Ahola, o outro pai da nova editorial. Sostén que o público da literatura fantástica en galego goza de marxes amplas de crecemento —“moitos dos nosos lectores non son compradores habituais de libros en galego”, puntualiza— e que é preciso superar certos tópicos, agrandados polo éxito comercial e as adaptacións cinematográficas, “simples e maniqueas” de obras como a de Tolkien, do que se sabe que tivo na biblioteca o diccionario de galego de Valladares e de cuxa influencia poucos renegan. “En Galicia, dás unha patada e sae un autor de literatura fantástica. Até hai pouco os escritores tiñan que publicar noutras linguas, porque non había unha editora disposta a apostar pola fantasía, e sempre ía dirixida cara o público infantil”, reflexiona Cimadevila ao ser preguntado pola saúde do xénero heroico en lingua galega, marcado polo nacemento de Urco en 2007. A editora mantén hoxe catro coleccións. Unha, Alcaián, está centrada en autores galegos noveis, como Alba Payo Froiz (O que Darwin non previu), Jorge Emilio Bóveda (A xanela escura) ou Santiago Bergantinhos (Carmiña Burana). As outras tres dedícanse á traducción, dende as obras góticas e de ciencia ficción ás de máis pura fantasía. Nestes anos, Urco leva publicado, entre outros, Contos das illas extraordinarias do Atlántico, de T.W. Higginson; O bosque de alén do mundo, de William Morris —considerado á súa vez o predecesor de Tolkien e Carrol—; Conan: A filla do xigante de xeo, de Robert E. Howard, ou a Princesa e o trasno, de George Macdonald.

Sobre o que é a literatura fantástica, os autores rexeitan as etiquetas. “O cerne da narrativa fantástica para min está no contraste. Nun mundo no que todo fose imaxinario, desapegado da realidade, non tería sentido falar de narrativa fantástica. Porén, á hora de ver o tipo de lector que se achega, vemos que obras como Juego de Tronos ten tantos ou máis lectores adultos que cativos”, explícase Xesús Manuel Marcos (Seone do Courel, 1967), autor de dúas novelas da saga O brindo de ouro (Xerais), una historia sobre os poderes dun corno máxico que fai valente a quen o posúa. E González Ahola insiste no poder dos mundos imaxinarios para dicir algo do cotián. “A literatura fantástica, na que tamén entra a ciencia ficción, é un xénero potencialmente transformador da sociedade, no que poden introducirse cargas ideolóxicas importantes”.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

O 'agroterror' e as paisaxes idílicas

"Pensei que Avalon era unha lenda, e que ademais estaba en Inglaterra", reacciona o neno Peter cando seu tío Basilius, co que pasa uns días de vacacións, o leva á illa na que habita a fada Morgana. "Ese erro é o que nos levou a estar a piques de perdelo. [...] Avalon non é un lugar, é unha idea, non ten localización", responde o sabio en O mundo secreto de Basilius Hoffman. Cimadevila dise debedor de Tolkien e do Michael Ende de La Historia interminable —"unha obra dunha carga psicolóxica bestial"— pero non renuncia á materia de Bretaña nin tampouco á vertente gore "do terror da terra", que gusta de chamar "agroterror". Para o escritor, a fantasía na literatura galega bebe case sempre das lendas artúricas, os mitos élficos e as lendas atlánticas. "A materia de Bretaña inflúe como paisaxe idílica. "A chamada materia de Bretaña representa un pasado mítico, máxico e heroico, un ideal. Non é casual que tanto Cunqueiro como Ferrín e outros reparen nese modelo, sobre todo se consideramos que escriben en momentos nos que a percepción que se ten do presente e do futuro social, político, cultural, é máis ben pesimista", secunda Antonio Reigosa, autor de Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais, 1999). González fala das peculiaridades dun país que quere definirse. "Cando se crea o sistema literario galego, hai unha necesidade de afirmar a identidade e téndese máis a unha literatura costumista. Pero o fantástico tamén pode ser identitario".

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_