_
_
_
_
_
LUCES

Este disco autodestruirase

Miguel Prado, contra a “mentira” do consumo ético

O músico Miguel Prado
O músico Miguel PradoRAFAEL MALLO

Lei elemental do crowdfunding circa 2012: concibes un proxecto, pides colaboración a través de Internet, fragmentas o orzamento que xulgas necesario e ofreces a cada mecenas unha recompensa proporcional á súa contribución. Os trofeos máis frecuentes no caso dos discos? Descargas en mp3, copias dedicadas, mencións nos créditos, entradas para concertos ou mesmo guitarras coa rúbrica do máis guapo da banda. Se a experiencia ten éxito e recada o suficiente no prazo que impón a plataforma que aloxa a iniciativa, os usuarios reciben o prometido, o autor produce a súa obra e a comunidade, aparentemente espontánea, autodisólvese. E todos felices.

O proxecto que a plataforma www.verkami.com acaba de aprobarlle ao músico experimental Miguel Prado baixo o alias nz?mbe —zombi nun dialecto angolano— non funciona precisamente así. Máis ben, todo o contrario. No caso de Grotesque position, o primeiro “disco de cancións” do ex integrante de Triángulo de Amor Bizarro, o éxito pode significar a destrución literal do vinilo. As recompensas ficarían reducidas a un puñado de labras de acetato de polivinilo e cartón que os mecenas recibirían, iso si, metidas nun sobre xunto co reembolso da súa contribución.

Non é un disco de Miguel Prado, senón un disco contra Miguel Prado. Até 25 euros, o artista ofrece as recompensas habituais nesta caste de iniciativas, pero a partir de aí o asunto empeza a enrarecerse. Por menos de 50 euros, os mecenas poden incluír o seu nome na letra dunha canción, estampar o seu rostro na galleta do vinilo, facer os coros nun tema, elixir o rango dinámico da gravación ou mesmo incrustar unha composición propia entre as do presunto creador. Por 75 euros, xa se lle permite escribir unha letra enteiro. Por 150, até poñerlle título ao disco. O que queira.

Con 700 euros, o autor desaparece. Prado adoita empregar licenzas libres, pero desta volta está disposto a usar outro carimbo. Iso si, o propietario intelectual non sería el, senón o mecenas que pagase esa cantidade. Por 1.300, o máximo que Grotesque position admite, o proxecto péchase por fin sobre si mesmo e o vinilo é destruído. “Iso non vai pasar”, confesa o impulsor. “Se eu fose Santiago Sierra, calquera centro de arte pagaría esa cantidade, pero non o son. Vai ser un fracaso, pero dá igual. O que me interesa é xerar datos”.

Redución ao absurdo? “Ao contrario”, retruca o coruñés. “É un exercicio de transparencia. Interésame desafiar a miña propia subxectividade a través da diseminación da autoría e investigar algo que nunca se discute cando se fala da propiedade intelectual: que pasa cando un perde o control da súa obra e do seu significado?”. Prado quería facer un disco de cancións “con certo rigor conceptual”, non como esas gravacións de pop “demasiado abertas ao pensamento débil e as lecturas posmodernas”. O financiamento colectivo pareceulle un marco acaído á exploración do xogo de posicións. Daí o título. Grotesque positions permítelle, dunha banda, “investigar un rol vixente, o crowdfunding”. Da outra, impugnar a “mentira” do consumo ético.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_